Ola a todos, con esta
última entrada pecho o Blogue, que durante uns meses estiven utilizando.
Todo ten un principio
e un final. Comecei este blogue como parte da materia de Filosofía, e ao final
foi toda unha experiencia. Se ata o vou a botar de menos…
Segundo fun
traballando no Blogue, teño que dicir que me foi parecendo máis interesante.
Creo que aprendín algo, porque o feito de que todas as semanas tivese que
buscar algún tipo de información sobre Filosofia e Tecnoloxía, das vantaxes e
inconveniente do desenvolvemento tecnolóxico, que por certo, nunca me paraba a
pensar antes, xa que cría que o avance da tecnoloxía e a ciencia eran “o non
vai máis” para a humanidade.
Fíxome comprender,
como as últimas entradas, que a Filosofía e a Tecnoloxía deben ir da
man. Nin me imaxinaba cal era a función da Filosofía... Pois si! Descubrina!
Tentei facelo da
mellor maneira posible, que fose entretido pero á vez, espero que achegase algo.
Quero desexarvos
sorte a todos, que logremos cumprir todos os nosos soños, tendo en conta que
con esforzo e constancia non hai nada imposible, e espero, que algún día, non
moi afastado, podamos reencontrarnos de novo, todos da mesma forma en que
estamos hoxe.
Espero que vos
gustara o meu Blogue, e que quen o lera gozase e servíralle de algo.
0 comentarios:
Publicar un comentario