O Día Mundial da Filosofía estableceuse para destacar a importancia desta disciplina, especialmente para a xente nova, e tamén para subliñar que «a filosofía é unha disciplina que estimula o pensamento crítico e independente e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia.»
Aínda que do Día Mundial vén celebrándose desde o 2002, a Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou oficialmente a súa observación en 2005.
A UNESCO lidera este Día, pero destaca que non é a súa propietaria. Pertence a calquera a quen lle interese o pensamento.
Por ese motivo, o Día Mundial da Filosofía debe supoñer un exercicio de pensamento libre, razoado e informado sobre os maiores desafíos do noso tempo.
0 comentarios:
Publicar un comentario