Ortega e Gasset.
O home, ou un parente próximo a el, descobre a ferramenta, crea a técnica Por que é tan crucial este descubrimento?
O pensador madrileño di que a técnica é o que nos fai plenamente humanos. Os animais viven encerrados no seu presente, atendendo unicamente ao que teñen diante neste mesmo instante. O home, pola contra, é capaz de ensimesmarse, é dicir, é capaz de deixar de atender o que ten diante e meterse no seu mundo interior. Pode saírse do mundo durante un intre e pensar, lembrar, reflexionar. E iso é que é necesario para fabricar unha ferramenta.
Desde outra perspectiva, a da bioloxía evolutiva, as teses de Ortega parecen confirmarse. O ser humano diferénciase morfológicamente dos demais seres vivos polas seguintes adaptacións:
- Pernas: agora sabemos que camiñabamos sobre dúas patas, aínda cando seguiamos sendo arborícolas. A hipótese de que fomos bípedos debido a cambios climáticos que cambiaron o noso ecosistema da selva á sabana quedou descartada cando se estudou ben ao ardipithecus ramidus: vivía nas árbores e era bípedo. O importante de andar a dúas patas é que libera as extremidades superiores para novas funcións.
- Mans: é a adaptación humana por excelencia. As nosas mans non están perfectamente adaptadas para ningunha función concreta: non teñen garras nin serven para correr rápido, nin sequera para rubir ou nadar especialmente ben. Non valen para nada,
Se consideramos todas estas adaptacións, vemos que todas van dirixidas á técnica. O tridente mano-ollo-cerebro é, precisamente, o que se necesita para fabricar cousas: a selección natural deseñounos para deseñar.
0 comentarios:
Publicar un comentario