viernes, 31 de marzo de 2017

Tecnófobos



Estas duras críticas ao avance tecnolóxico dividiron á comunidade entre tecnófobos e tecnófilos. Os primeiros, máis numerosos nas humanidades e ciencias sociais, adoitan afirmar en diversos graos e con matizacións, que a tecnoloxía é esencialmente mala (ensaio sobre a técnica do influente filósofo Martin Heidegger) e chegan a extremos como o primitivismo ou o neoludismo.

O primeiro avoga pola roussoniana volta á natureza. Abandonar por completo noso actual sistema e volver a outro máis sustentable e acorde co mundo natural, no seu extremo, chegando a apostar por estilos de vida primitivos propios de estadios de desenvolvemento pre-tecnolóxicos. Algo máis moderada é a teoría do decrecemento, que defende unha diminución controlada da actividade produtiva e do consumo, ata chegar a unha nova relación entre o home e o medio ambiente que non signifique a destrución deste último.

O neoludismo debe o seu nome a Ned Ludd, un obreiro británico de principios do XX que, en protesta polas súas condicións laborais, destruíu teárelos mecánicos da fábrica onde traballaba. Os neoludistas serían os tecnófobos máis radicais, pretendendo frear o avance tecnolóxico a calquera prezo, non dubidando en chegar a utilizar para iso tácticas terroristas.


O neoludista máis tristemente soado foi Ted Kaczinsky, máis coñecido como Unabomber, quen enviou cartas bomba a varias universidades e aeroportos, chegando a asasinar así a tres persoas. Era un brillante profesor da Universidade de California que, sen causa aparente, dimitiu do seu cargo e foise vivir a unha cabana perdida en Lincoln (Montana), onde levou unha vida acorde co seu desprezo á tecnoloxía: sen auga e sen luz, sobrevivindo en base á caza e a recolección.



Foi condenado a cadea perpetua nun cárcere de máxima seguridade situada en Colorado, onde mantén unha importante actividade epistolar.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Affiliate Network Reviews