O soado físico teórico, cosmólogo e divulgador
científico volveu a falar, e como sempre, a súa opinión é benvida. Fíxoo nun
artigo publicado polo xornal británico 'The Guardian'. As súas declaracións ,
con todo, afástanse do seu tradicional campo de sabedoría, a ciencia, para
centrarse nas preocupacións derivadas do estraño rumbo que está a tomar o mundo
moderno.
“A intelixencia artificial pode
propagar a destrución do traballo dentro das clases medias”
Avances non tan
positivos
Como colaboradores do fenómeno, non
podían faltar as novas tecnoloxías: "A automatización das fábricas ha
decimado traballos de manufactura tradicional, e a aparición da intelixencia
artificial pode propagar a destrución do traballo dentro das clases medias".
Esa mesma tecnoloxía acabará acelerando,
segundo Hawking, a crecente desigualdade económica, xa que Internet e outras
plataformas fan posible que pequenos grupos de individuos reciban enormes
ganancias, mentres se xeran poucos empregos.
“Temos que axudar ás persoas para
obter habilidades para un novo mundo mentres as apoiamos financeiramente para
que o consigan”
Unha destrución, froito do progreso, que
é inevitable e que ao mesmo tempo é máis evidente que nunca: "As vidas das
persoas máis ricas nos lugares máis prósperos do mundo son dolorosamente
visibles para calquera que, aínda que sexa pobre, dispoña dun teléfono
móbil".
Hawking fixo o seu diagnósitico. Están a
tempo as elites de evitar o avance. Como terían que actuar?
"Necesitamos romper desde dentro as barreiras entre nacións, non
construílas. Se queremos dar unha oportunidade a isto, os líderes do mundo
necesitan recoñecer que fracasaron e que fallaron a moita xente. Con recursos
cada vez máis concentrados nas mans duns poucos, imos ter que aprender a
compartir moito máis en comparación a como o estamos facendo agora".
Estamos no momento máis perigoso para o
devir da humanidade. Hawking lembra que posuímos a tecnoloxía e os medios para
destruír o planeta, pero non para escapar del. Mellor, por tanto, que
traballemos todos xuntos para protexelo.
0 comentarios:
Publicar un comentario