Hai toda unha corrente de artistas chamados body hackers, que
se dedican a converterse a si mesmos en ciborgs, intervindo tecnolóxicamente os
seus corpos de diferentes xeitos. Estes artistas perseguen diferentes metas a través das
transformacións que operan no seu corpos. O australiano Stelarc, artista e
profesor universitario exhibe a súa terceira orella. Trátase dun implante que
el mesmo produciu e fixo que lle inserisen no brazo. A consígna básica de
Stelarc é que o corpo humano é obsoleto, demasiado imperfecto e perecedero,
polo que a súa aposta artística consiste en potenciarlo, mellorar o seu
equipamento.
O finlandés Jerry Jalava, programador de computadoras,
despois de perder medio dedo nun accidente de moto, decidiu colocarse un
pendrive dentro dunha prótese dactilar.
0 comentarios:
Publicar un comentario