domingo, 2 de abril de 2017

Así está a día de hoxe a intelixencia artificial



Hai moitos modos de contestar á pregunta: Como de intelixente é unha intelixencia artificial? Un modo relativamente sinxelo é contestar a que xogos humanos xa nos gaña un computador, un terreo no que os humanos nos estamos afacendo deixar espazo ás máquinas.

os retos da intelixencia artificial

Un dos maiores retos da intelixencia artificial, ademais do abafador feito de que nos estamos quedando sen xogos nos que gaña,r é emular unha intelixencia humana por completo a un custo enerxético aceptable.
Algo realmente complicado se temos presente que o máis preto que estivemos de reconstruír unha mente humana é cando en 2009 o supercomputador Dawn emulou o 1% das capacidades humanas consumindo "ollo ao dato" un millón de watts de enerxía e bombeando 76.500 metros cúbicos de aire xeado por minuto para que as súas 6.675 toneladas non se puxesen a arder (Kaku, 2011).
Nós, os seres humanos facémolo ao 100% con 1,4 kg de materia gris e uns 20 watts de consumo.
IBM Sequoia, versión consolidada do Blue Gene e do Dawn

Klaus Schwab, no seu libro "A cuarta revolución industrial" (2016) fala sobre como a aprendizaxe dunha máquina á que se lle deu permiso pode usar o rastro de «faragullas de pan» que os nosos datos deixan no mundo dixital. Non é a primeira vez que a tecnoloxía usa a metáfora de Hansel e Gretel para falar sobre como pode un aproximarse (vía máquina) ao que está a pensar un humano.
O límite que expoñen os expertos é o de acender o noso reprodutor de música e que empeze a soar a canción que desexamos oír mesmo antes de ser conscientes de que desexamos oír esa canción. Este mesmo principio aplícase ao contido en vídeo, tanto lineal (televisión clásica con horarios de emisión) como vídeo baixo demanda (Netflix, HBO).
«Como imos ser capaces de coñecer [todo] isto? Se é que é imposible [...] Que elixo?».
É necesario que empecemos a relegar algunhas decisións ás intelixencias artificiais alí onde a nós sonnos imposibles. Aínda que só se nos son útiles (resolven o problema) ou se non xeran outros (como problemas éticos).
A oferta é inxente, depende de moitos factores, e o espectador vólvese tolo buscando o que pode ou non gustarlle. Hoxe portais como YouTube ou Amazon facilítannos atopar videoclips ou produtos afíns a nós en función do noso historial e procuras previas. Mecanismos similares de aforro de tempo poden aplicarse ao contido en televisión, e de feito aplícanse.
Que as intelixencias artificiais gañen aos mestres de distintos xogos de mesa é unha curiosidade interesante. Que poidas coller o mando e evitar facer zapping durante unha hora é unha vantaxe útil para a túa día a día. Como diciamos ao principio, a IA só é útil se resolve problemas humanos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Affiliate Network Reviews