jueves, 27 de abril de 2017

Deica logo!!!!!



     

Ola a todos, con esta última entrada pecho o Blogue, que durante uns meses estiven utilizando.

Todo ten un principio e un final. Comecei este blogue como parte da materia de Filosofía, e ao final foi toda unha experiencia. Se ata o vou a botar de menos…

Segundo fun traballando no Blogue, teño que dicir que me foi parecendo máis interesante. Creo que aprendín algo, porque o feito de que todas as semanas tivese que buscar algún tipo de información sobre Filosofia e Tecnoloxía, das vantaxes e inconveniente do desenvolvemento tecnolóxico, que por certo, nunca me paraba a pensar antes, xa que cría que o avance da tecnoloxía e a ciencia eran “o non vai máis” para a humanidade.

Fíxome comprender, como as últimas entradas, que  a Filosofía e a Tecnoloxía deben ir da man. Nin me imaxinaba cal era a función da Filosofía... Pois si! Descubrina!

Tentei facelo da mellor maneira posible, que fose entretido pero á vez, espero que achegase algo.

Quero desexarvos sorte a todos, que logremos cumprir todos os nosos soños, tendo en conta que con esforzo e constancia non hai nada imposible, e espero, que algún día, non moi afastado, podamos reencontrarnos de novo, todos da mesma forma en que estamos hoxe.

Espero que vos gustara o meu Blogue, e que quen o lera gozase e servíralle de algo.



                        

                  SORTE A TODOS E DEICA LOGO!




0 comentarios:

Publicar un comentario

Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Affiliate Network Reviews